Por el progreso de la psicología


POR EL PROGRESO DE LA PSICOLOGÍA


POR LA ORGANIZACIÓN COLEGIAL DEMOCRÁTICA

EN CUMPLIMIENTO DE NUESTRA OBLIGACIÓN CIUDADANA

¡PORQUE ESTAMOS INDIGNADOS CON EL COP!


DECLARACIÓN POR LA DEMOCRATIZACIÓN DEL COP Y EL DESARROLLO DE LA PSICOLOGÍA



lunes, 12 de septiembre de 2016

PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE)


http://unharespostanova.psdeg-psoe.com/sites/all/themes/psdeg/logo.png

O PSdG-Psoe desenrola un programa electoral con propostas concretas sobre a atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde, dentro dun apartado propio



20. Desenvolveremos o Programa de Trastorno Mental Severo e os Equipos de Continuidade de Coidados, coa intención de dotar un equipo por área sanitaria.


21. Aumentaremos os tempos de consulta en saúde mental, así como as consultas de psicoloxía.


22. Melloraremos a atención á saúde mental infanto-xuvenil, creando unha segunda unidade de hospitalización de referencia, na Área de Saúde de Vigo, para ospacientes da rexión sanitaria sur de Galicia, e poñendo en marcha, de maneira progresiva, un Hospital de Día en cada Área de Saúde, empezando polas de maiornúmero de habitantes.


23. Aprobaremos unha nova lei Integral en materia de drogodependencias e outras condutas adictivas. 


24. Resolveremos o proceso de normalización da asistencia sanitaria ás persoas drogodependentes, integrándoa progresivamente no Servizo Galego da Saúde coma calquera outro problema de saúde. 


25. Transformaremos as actuais Unidades de Atención á Drogodependencia e asUnidades de Tratamento do Alcoholismo en Unidades de Condutas Adictivas, que ofrecerán programas diferenciais para as diferentes adiccións. 


26. Crearemos como referencia para toda a Comunidade Autónoma dúas comunidades terapéuticas para pacientes alcohólicos e unha comunidade terapéutica específica para patoloxía dual grave. 

 
ATENCIÓN PSICOLÓXICA NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Galicia sofre desde hai anos a situación deficitaria da atención á saúde mental en Galicia, e particularmente sobre as situacións irregulares e insuficiencias na prestación da atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde. É por iso que os socialistas debemos impulsar medidas para mellorar a atención psicolóxica e da saúde mental para dar cobertura a esta necesidade social.


Propostas concretas


1. Posta en marcha dun Plan Estratéxico en Saúde Mental , que volva a un modelo de saúde mental comunitario, integrador e interdisciplinar desde a visión biopsicosocial da saúde e enfermidade. 


2. Posta en marcha do Plan Galego de Prevención do Suicidio, coordinado pero independente do anterior, multisectorial e multinivel, dado o aumento do número de mortes por suicidio en Galicia nos últimos anos.


3. Incorporación normalizada de profesionais da psicoloxía clínica tanto nos equipos de atención primaria (centros de saúde) como nos servizos médicos hospitalarios (oncoloxía, neuroloxía, coidados paliativos, atención temperá etc.) para garantir a accesibilidade real aos tratamentos psicolóxicos en todos os niveis de atención da saúde. 


4. Completar a incorporación de profesionais da psicoloxía clínica nos dispositivos específicos de saúde mental, xa que existen hospitais de día psiquiátricos, equipos de continuidade de coidados, unidades de psicoxeriatría... que aínda non teñen equipos multidisciplinares completos.

5. Reverter a privatización da atención psicolóxica e de saúde mental que se estivo a producir nos últimos anos, a través de convenios de colaboración e mesmo bolsas, que son formas de externalización encuberta, prestando asistencia directa nos propios centros do SERGAS (en oncoloxía, a vítimas de accidentes de tráfico, en neuroloxía...) incumprindo toda normativa sanitaria e laboral.


6. Política de recursos humanos do SERGAS: 


A. Aumento de prazas de profesionais da psicoloxía clínica para garantir unha atención pública de calidade (a ratio actual está moi por debaixo da media española, 3,34 fronte a 4,3 por 100.000, e infinitamente por debaixo da media europea, de 18 por 100.000 hab.).

B. Procesos selectivos regulares para a categoría de psicoloxía clínica (a última OPE na que saíron prazas foi en 2008).

C. Estabilización laboral nos contratos temporais, agora cubertos a través de fórmulas como cobertura de servizos determinados ou acumulación de tarefas, en prazas que deberían cubrirse como interinidades.


7. Creación de servizos de psicoloxía clínica, como forma de organización estrutural e funcional, que permita unha mellor coordinación e eficiencia no traballo interdisciplinar coas distintas especialidades médicas e de enfermería, unha planificación máis axeitada das necesidades asistenciais e recursos dispoñibles, e a potenciación da formación, investigación e innovación específicas da nosa profesión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario