Éstas son as propostas do PPdG para saúde mental en Galicia que se recolle no seu programa electoral (os subliñados son os que aparecen no programa publicado):
- Plan Estratéxico de Saúde Mental: Se trata dun problema cunha
amplísima repercusión, tanto nas persoas que o sofren como nos seus familiares
e contorno (o 21,6% dos galegos teñen experimentado algunha vez na súa vida
algún trastorno mental, e o 7,4% durante o último ano). A mellora da atención
ás persoas con problemas de saúde mental inclúe múltiples aspectos, entre os
que cabe destacar o labor contra a estigmatización das persoas que os padecen,
que sempre temos presente, así como a coordinación socio-sanitaria
- Desenvolveremos un Plan asistencial específico para a demencia.
- Desenvolveremos a rede asistencial de atención aos problemas de saúde mental infantoxuvenís, especialmente no que se refire a programas de identificación precoz de situacións de risco (como o acoso escolar, violencia doméstica, trastornos alimentarios..) e a atención ambulatoria e hospitalización parcial, con equipos multidisciplinares e en colaboración cos axentes sociais e educativos, para dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos rapaces. Melloraremos a atención dos trastornos do desenvolvemento.
·
Coa finalidade de potenciar e mellorar a atención á saúde mental en
nenos e adolescentes, como acción concreta, poñeremos en marcha a segunda
Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil de Galicia no Hospital
Público Álvaro Cunqueiro, que prestará servizo ao sur de Galicia (áreas de Vigo
e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras). Permitirá o tratamento intensivo nun
medio hospitalario daquelas patoloxías mentais de nenos e adolescentes que non
poidan ser tratadas noutros dispositivos terapéuticos.
- Facilitaremos a accesibilidade aos tratamentos especializados dos
nosos maiores, a través dos programas asistenciais de psicoxeriatría, que
permitan a atención no entorno residencial do paciente.
- Potenciaremos a atención ao trastorno mental severo, mediante o
incremento de prazas en dispositivos de rehabilitación psicosocial e a
potenciación de tratamentos centrados en mellorar a autonomía destes pacientes,
co apoio de equipos de continuidade de coidados comunitaria
- Potenciaremos a atención ás persoas con depresión e conduta suicida
- Impulsaremos Programas de intervención psicolóxica en circunstancias
sociais específicas (persoas sen fogar, refuxiados, violencia de xénero).
- Protocolizaremos a atención en catástrofes
No hay comentarios:
Publicar un comentario