A Mesa Galega da
Psicoloxía Clínica decide sumarse á
convocatoria de manifestación que todos
os sindicatos promoven para o próximo xoves 10
de marzo en Santiago de Compostela.
Co lema central "Por unha
OPE digna para un emprego digno. Por unha sanidade
pública de calidade", entendemos que o colectivo de psicólogos
clínicos
ten que sumarse a esta manifestación, e
visibilizar a nosa presencia con rotundidade
As nosas razóns, as que
resumen o noso enfado:
1. Despois de 8 anos sen
convocatoria de OPE para psicólogos clínicos, o
SERGAS pretende satisfacer as necesidades de
atención psicolóxica da poboación galega coa
mísera incorporación de
3 psicólogos
clínicos como persoal fixo.
Segundo datos que a propia
Directora de RRHH recoñeceu en sede parlamentaria,
se
necesitarían 26 prazas inmediatas só
para acadar á media española (sendo ésta xa moi
inferior ó resto de países da nosa contorna)
2. Os contratos que se están a
realizar nos últimos anos son en precario: ou ben acúmulo de tarefas
(aínda que
sexan para cubirir unha sustitución nominal), ou
cobertura de servizos determinados, cando son
prazas estructurais de facto. A situación da USM
Lalín-Barbanza é o exemplo máis sonroxante desta
precariedade: levan alomenos 5 anos cubrindo a
asistencia de dúas
USM cun mesmo profesional que vai cambiando cada 6
meses.
3. Persoal fixo ou temporal
está prestando asistencia
en varios dispositivos que cada un deles
necesitarían a
presencia a tempo completo para realizar unha
asistencia necesaria (prevención suicidio,
atención temperá, trastorno mental grave). Hai dispositivos sen
psicólogos clínicos (hospitais
de día psiquiátricos, programas de psicoxeriatría)
e as interconsultas e enlace dos hospitais están a cargo
dun sólo psicólogo clínico.
4. Ó mesmo tempo que o
goberno non cubre con dotación necesaria os
distintos servizos (debe pensar que non son
necesarios) proliferan todo tipo de acordos de
colaboración con ONG para prestar
atención psicolóxica a custe cero para a
Administración, dentro dos propios hospitais, a
través de contratos ou becas: pasa en coidados
paliativos, oncoloxía, neuroloxía, agora tamén a
vítimas de tráfico. Son externalizacións
encubertas.
Por todo esto:
- Se sofres no día a día dos efectos desta pésima política de xestión sanitaria: número inasumible de pacientes, listas de espera de meses para atender primeiras consultas e revisións, consultas breves e mensuais, recortes en asistencia que antes realizabas...
- Se aprendiches a profesión desde unha visión comunitaria e interdisciplinar e estás vendo cómo se desmorona o pouco conseguido. Se recoñeces certa indefensión ante este modelo xestor ...
- Se eres persoal temporal, con contratos precarios nos que tes que firmar mes a mes, contratos para prazas que están desertas, escoitando as queixas dos usuarios ante cambios constantes de profesionais
- Se eres supervisor de PIRes, que sacas tempo entre consultas saturadas, para transmitirlles como mellor sabes o teu coñecemento, que te interesas pola súa formación técnica e ética, e te alporiza saber que van a ir directamente ó paro ou a emigración, ou a precariedade e con toda probabilidade ó desánimo e impotencia...
- Se eres PIR, e futuro PRECARIO
.... se estás, estiveches ou estarás nalgunha de estas circunstancias...
MOBILÍZATE. SE NON O FACEMOS NÓS, NINGÚEN O FARÁ POR NÓS !!!