Por el progreso de la psicología
POR EL PROGRESO DE LA PSICOLOGÍA
POR LA ORGANIZACIÓN COLEGIAL DEMOCRÁTICA
EN CUMPLIMIENTO DE NUESTRA OBLIGACIÓN CIUDADANA
¡PORQUE ESTAMOS INDIGNADOS CON EL COP!
DECLARACIÓN POR LA DEMOCRATIZACIÓN DEL COP Y EL DESARROLLO DE LA PSICOLOGÍA
lunes, 12 de septiembre de 2016
PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. En Marea
Dentro das propostas para sanidade, e específicamente no ámbito da saúde mental e a psicoloxía clínica en Galicia, En Marea cree necesario, e propón:
126 A Saúde Mental, un servizo público para toda a poboación.
Galicia debe superar o modelo sanitario do PP, que esqueceu as políticas de Saúde Mental.
Traballaremos coas e cos profesionais sanitarios nun novo Plan Galego de Saúde Mental que garanta o servizo universal, e ata a súa aprobación poremos en marcha as medidas urxentes precisas.
Priorizaremos a integración no Sergas da atención e prevención das drogodependencias e condutas aditivas; a atención ao Trastorno Mental Grave e á saúde mental infanto-xuvenil, creando unha nova unidade de hospitalización no sur de Galicia.
Aumentaremos a dotación de persoal das unidades de saúde mental e dos hospitais de día, especialmente psicólogas e psicólogos clínicos.
Estudaremos a situación das persoas trasladadas desde os antigos manicomios a residencias de persoas dependentes, coordinaremos os departamentos de saúde mental cos servizos de Atención Primaria, e definiremos un Plan Galego de Prevención e Atención ao Suicidio.
PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. Bloque Nacionalista Galego (BNG)
O BNG plantexa, como propostas sobre Saúde Mental, e psicoloxía clínica a desenvolver na próxima lexislatura:
- Plan Galego de Saúde Mental e Plan galego de Prevención do Suicidio, con dotación
orzamentaria e de persoal.
- Incorporación normalizada de psicólog@s clínic@s tanto nos equipos de Atención Primaria como nos Servizos Médicos hospitalarios. Completar a incorporación d@s psicológ@s clínic@snos dispositivos específicos de saúde mental.
- Integración na rede sanitaria pública dos dispositivos de atención ás drogodependencias , coa estabilización do persoal e a dotación orzamentaria necesaria
PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE)
O PSdG-Psoe desenrola un programa electoral con propostas concretas sobre a atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde, dentro dun apartado propio
20. Desenvolveremos o Programa de
Trastorno Mental Severo e os Equipos de Continuidade de
Coidados, coa intención de dotar un equipo por área sanitaria.
21. Aumentaremos os tempos de consulta
en saúde mental, así como as consultas de
psicoloxía.
22. Melloraremos a atención á saúde
mental infanto-xuvenil, creando unha segunda unidade
de hospitalización de referencia, na Área de Saúde de Vigo, para ospacientes da
rexión sanitaria sur de Galicia, e poñendo en marcha, de maneira progresiva,
un Hospital de Día en cada Área de Saúde, empezando polas de maiornúmero de
habitantes.
23. Aprobaremos unha nova lei Integral
en materia de drogodependencias e outras condutas
adictivas.
24. Resolveremos o proceso de
normalización da asistencia sanitaria ás persoas drogodependentes,
integrándoa progresivamente no Servizo Galego da Saúde coma calquera outro
problema de saúde.
25. Transformaremos as actuais Unidades
de Atención á Drogodependencia e asUnidades de
Tratamento do Alcoholismo en Unidades de Condutas Adictivas, que ofrecerán
programas diferenciais para as diferentes adiccións.
26. Crearemos como referencia para toda
a Comunidade Autónoma dúas comunidades
terapéuticas para pacientes alcohólicos e unha comunidade terapéutica específica
para patoloxía dual grave.
ATENCIÓN
PSICOLÓXICA NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Galicia
sofre desde hai anos a situación deficitaria da atención á saúde mental en
Galicia, e particularmente sobre as situacións irregulares e insuficiencias na
prestación da atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde. É por iso que os
socialistas debemos impulsar medidas para mellorar a atención psicolóxica e da
saúde mental para dar cobertura a esta necesidade social.
Propostas
concretas
1. Posta en marcha dun Plan Estratéxico
en Saúde Mental , que volva a un modelo de saúde mental comunitario, integrador
e interdisciplinar desde a visión biopsicosocial da saúde e enfermidade.
2. Posta en marcha do Plan Galego de
Prevención do Suicidio, coordinado pero independente do anterior,
multisectorial e multinivel, dado o aumento do número de mortes por suicidio en
Galicia nos últimos anos.
3. Incorporación normalizada de
profesionais da psicoloxía clínica tanto nos equipos de atención primaria
(centros de saúde) como nos servizos médicos hospitalarios (oncoloxía,
neuroloxía, coidados paliativos, atención temperá etc.) para garantir a
accesibilidade real aos tratamentos psicolóxicos en todos os niveis de atención
da saúde.
4. Completar a incorporación de
profesionais da psicoloxía clínica nos dispositivos específicos de saúde
mental, xa que existen hospitais de día psiquiátricos, equipos de continuidade
de coidados, unidades de psicoxeriatría... que aínda non teñen equipos
multidisciplinares completos.
5. Reverter a privatización da atención
psicolóxica e de saúde mental que se estivo a producir nos últimos anos, a
través de convenios de colaboración e mesmo bolsas, que son formas de
externalización encuberta, prestando asistencia directa nos propios centros do
SERGAS (en oncoloxía, a vítimas de accidentes de tráfico, en neuroloxía...)
incumprindo toda normativa sanitaria e laboral.
6. Política de recursos humanos do
SERGAS:
A. Aumento de prazas de profesionais da
psicoloxía clínica para garantir unha atención pública de calidade (a ratio
actual está moi por debaixo da media española, 3,34 fronte a 4,3 por 100.000, e
infinitamente por debaixo da media europea, de 18 por 100.000 hab.).
B. Procesos selectivos regulares para a
categoría de psicoloxía clínica (a última OPE na que saíron prazas foi en
2008).
C. Estabilización laboral nos contratos
temporais, agora cubertos a través de fórmulas como cobertura de servizos
determinados ou acumulación de tarefas, en prazas que deberían cubrirse como
interinidades.
7. Creación de servizos de psicoloxía
clínica, como forma de organización estrutural e funcional, que permita unha
mellor coordinación e eficiencia no traballo interdisciplinar coas distintas
especialidades médicas e de enfermería, unha planificación máis axeitada das
necesidades asistenciais e recursos dispoñibles, e a potenciación da formación,
investigación e innovación específicas da nosa profesión.
PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. Partido Popular de Galicia
Éstas son as propostas do PPdG para saúde mental en Galicia que se recolle no seu programa electoral (os subliñados son os que aparecen no programa publicado):
- Plan Estratéxico de Saúde Mental: Se trata dun problema cunha
amplísima repercusión, tanto nas persoas que o sofren como nos seus familiares
e contorno (o 21,6% dos galegos teñen experimentado algunha vez na súa vida
algún trastorno mental, e o 7,4% durante o último ano). A mellora da atención
ás persoas con problemas de saúde mental inclúe múltiples aspectos, entre os
que cabe destacar o labor contra a estigmatización das persoas que os padecen,
que sempre temos presente, así como a coordinación socio-sanitaria
- Desenvolveremos un Plan asistencial específico para a demencia.
- Desenvolveremos a rede asistencial de atención aos problemas de saúde mental infantoxuvenís, especialmente no que se refire a programas de identificación precoz de situacións de risco (como o acoso escolar, violencia doméstica, trastornos alimentarios..) e a atención ambulatoria e hospitalización parcial, con equipos multidisciplinares e en colaboración cos axentes sociais e educativos, para dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos rapaces. Melloraremos a atención dos trastornos do desenvolvemento.
·
Coa finalidade de potenciar e mellorar a atención á saúde mental en
nenos e adolescentes, como acción concreta, poñeremos en marcha a segunda
Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil de Galicia no Hospital
Público Álvaro Cunqueiro, que prestará servizo ao sur de Galicia (áreas de Vigo
e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras). Permitirá o tratamento intensivo nun
medio hospitalario daquelas patoloxías mentais de nenos e adolescentes que non
poidan ser tratadas noutros dispositivos terapéuticos.
- Facilitaremos a accesibilidade aos tratamentos especializados dos
nosos maiores, a través dos programas asistenciais de psicoxeriatría, que
permitan a atención no entorno residencial do paciente.
- Potenciaremos a atención ao trastorno mental severo, mediante o
incremento de prazas en dispositivos de rehabilitación psicosocial e a
potenciación de tratamentos centrados en mellorar a autonomía destes pacientes,
co apoio de equipos de continuidade de coidados comunitaria
- Potenciaremos a atención ás persoas con depresión e conduta suicida
- Impulsaremos Programas de intervención psicolóxica en circunstancias
sociais específicas (persoas sen fogar, refuxiados, violencia de xénero).
- Protocolizaremos a atención en catástrofes
PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S.
Comenzada a campaña electoral, recolleremos nos seguintes enlaces as diferentes propostas programáticas que os grupos políticos plantexan nos programas electorais publicados en relación coa saúde mental e a psicoloxía clínica.
Hai que lembrar que unha boa parte das propostas que se plasman agora son o resultado de iniciativas parlamentarias recollidas ó longo da anterior lexislatura polos grupos parlamentarios que fixeron oposición no Parlamento de Galicia,e que escoitaron os plantexamentos, demandas e propostas dos movementos asociativos en Saúde Mental, entre eles ós da Mesa Galega da Psicoloxía Clínica.
É xusto recoñecer o traballo das voceiras de sanidade dos grupos parlamentarios do PSdG-PSOE (Carmen Acuña) , BNG (Monse Prado), AGE (Eva Solla), e Grupo Mixto (Consuelo Martínez).
_________________________________________________________________________________
A día de hoxe, non temos información sobre o programa de Ciudadanos para as eleccións galegas do 25 S, polo que non podemos incluilo nunha entrada do blog. Se conseguíramos éste ou de outros grupos políticos que se presentan ás eleccións, con referencias á saúde mental ou psicoloxía clínica publicaríamolo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)