A ATENCIÓN PSICOLÓXICA A PERSOAS CON ENFERMIDADES SOMÁTICAS NO SERGAS
PRESENZA ANECDÓTICA DE PSICÓLOGOS CLÍNICOS NOS HOSPITAIS
PRIVATIZACIÓN IRREGULAR DE SERVIZOS
Tras analizar o contexto histórico no que da comenzo a atención psicólóxica ó doente dentro dos hospitais, cómo non se produciu o necesario avance da nosa disciplina nos xa máis de 20 anos, e se está asistindo á externalización irregular de parte desta asistencia psicolóxica, o comunicado plantexa as seguintes propostas para dar unha asistencia normalizada ás persoas que están a padecer enfermedades somáticas de gravedade e/ou crónicas, de tal xeito que se contemple e garantice unha asistencia pública, universal e de calidade:
A atención psicolóxica, tanto a pacientes con enfermidades mentais como con enfermidades somáticas de especial relevancia emocional/psicolóxica/ cognitiva debe ser unha prestación normalizada do SERGAS. Prestación que ten que realizarse a través dos servizos asistenciais públicos, coa provisión pública de prazas de persoal estatutario, garantindo a estabilidade do servizo e dos seus profesionais, asegurando a continuidade asistencial coa coordinación efectiva dentro dunha xestión por procesos asistenciais e promovendo a accesibilidade a esta atención; especialmente en grupos vulnerables pola complexidade da enfermidade.
Os psicólogos clínicos temos que estar ubicados estrutural e funcionalmente en órganos autónomos, e non só dentro dos servizos de psiquiatría. A ubicación exclusiva en servizos de psiquiatría obedece a un momento histórico e non ás esixencias asistencias actuais nin as evidencias científicas en saúde e da xestión dos procesos de saúde e enfermidade.
A psicoloxía clínica, igual que as demais especialidades facultativas sanitarias, ten que organizarse en Servizos propios de Psicoloxía Clínica, que permita unha mellor coordinación da actividade deses profesionais, unha planificación máis axeitada das necesidades percibidas e recursos dispoñibles, e potenciar a formación, investigación e innovación específicas da nosa profesión. A creación dos Servizos de Psicoloxía Clínica será o medio para o progreso no traballo interdisciplinar con tódalas especialidades médicas e de enfermería dun modo máis eficiente.
A presenza dos usuarios e familiares, a través de espazos formais de participación comunitaria é indispensable para alcanzar o obxectivo dunha asistencia centrada no paciente. Usuarios informados, autónomos e competentes para participar nas decisións que afectan á súa saúde. Pero non se pode pedir ás asociacións de pacientes e Organizacións Non Gobernamentais que carguen cunha asistencia á que teñen dereito dentro da Sanidade Pública e polas canles normalizadas. Non se debe permitir o abuso da solidariedade nin se poden converter estas entidades en provedores de prestacións sanitarias. É fundamental que as asociacións de pacientes e ONGs sigan a cumprir coa súa función social de esixir e vixiar o normal funcionamento da Administración, e denunciar as vulneracións dos seus dereitos básicos.
Pedimos a cidadáns, administracións, movementos sociais, sindicais e políticos unha verdadeira aposta pola concepción integral da saúde marcada polo paradigma biopsicosocial e comunitario, a defensa dunha sanidade pública universal e de calidade, e a necesaria defensa da calidade e dignidade do emprego dos profesionais; sen a cal non é viable fomentar o desenvolvemento dunha atención socio-sanitaria axeitada.
Deixámosvos o enlace ó comunicado
No hay comentarios:
Publicar un comentario