Por el progreso de la psicología


POR EL PROGRESO DE LA PSICOLOGÍA


POR LA ORGANIZACIÓN COLEGIAL DEMOCRÁTICA

EN CUMPLIMIENTO DE NUESTRA OBLIGACIÓN CIUDADANA

¡PORQUE ESTAMOS INDIGNADOS CON EL COP!


DECLARACIÓN POR LA DEMOCRATIZACIÓN DEL COP Y EL DESARROLLO DE LA PSICOLOGÍA



viernes, 4 de diciembre de 2015

A psicoloxía clínica e a saúde mental no Parlamento de Galicia


Que a Saúde Mental en Galicia sofre moitas insuficiencias, cando non irregularidades, na xestión, planificación e asistencia públicas é algo evidente e que diversos movementos sociais, profesionais e organizacións políticas están a visibilizar constantemente.

Fronte a apariencia de normalidade, incluso avances e innovación, coa que a Consellería de Sanidade pretende convencernos, temos evidencias e índices que non se poden ocultar.

No Parlamento de Galicia móstrase esta dobre realidade: a que mostran as organizacións profesionais e sociais, e que diferentes Grupos parlamentarios fan eco a través de iniciativas parlamentares, e a posición oficial do Goberno da Xunta, mantendo unha especie de mantra de que todo vai ben, e facemos moito por mellorar.

No pasado mes de setembro, en sesión de Comisión de Sanidade do Parlamento, tivo lugar debate sobre diversos aspectos como a falta de Plan Estratéxico de Saúde Mental, de Plan de prevención do suicidio, de insuficiencias na dotación de persoal sanitario, etc

Deixamos o enlace a esta parte da sesión:

http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/intervencionsVideo.aspx?timecode=00%3A01%3A32&idvid=C3028526&duration=00%3A35%3A53&wmv=0000009191Z-002-100kb.wmv

Asemade, o día 2 de Novembro do 2015 a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, defendeu unha Interpelación no Pleno do Parlamento onde piden resposta sobre estas cuestións:

1. Considera o Goberno da Xunta de Galicia que se está xestionando adecuadamente a saúde mental en Galicia?
2. Tense previsto desenrolar un Plan Estratéxico en Saúde mental, en consonancia coa Estratexia Nacional do Ministerio de Sanidade?
3. Proxecto chamado Mastermind, se esta desenrolando tal e como estaba previsto? Considera o Goberno que pode ser útil para o tratamento da depresión? Por que? Coñece a consellería a opinión das persoas profesionais do Sergas ó respecto? Que lle parece esa opinión e en que a tiveron en conta?
4. Que medidas se están adoptando actualmente para evitar os suicidios  no noso medio? As mesmas en todo o territorio Sergas? Cal foi a razón para non seguir estendendo o modelo de Ourense ao resto de Galicia?
5. Como se está comportando a taxa de suicidios nestes últimos anos en Galicia?
6. Considera adecuada a consellería a dotación de persoas profesionais de psicoloxía clínica na rede Sergas, tanto na atención especializada, como nos centros de Atención Primaria?
7. Considera adecuada a consellería a dotación de persoas profesionais de psicoloxía na rede Sergas? E tanto nos hospitais, como nos centros de Atención Primaria?
8. Cal é a labor dos psicólogos/as clínicos/as nos dispositivos asistenciais de saúde mental?A mesma en todas as areas?
.
Aquí podedes seguir a intervención tanto da Portavoz do PSdG como o Conselleiro de Sanidade.



http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/intervencionsVideo.aspx?timecode=03%3A54%3A32&idvid=C3080365&duration=00%3A35%3A23&wmv=0000009319G-002-100kb.wmv

(a valorar a opinión que nos merece un Conselleiro de Sanidade que, despois de resaltar a prioridade de programas e campañas antiestigma, fai un nefasto comentario sobre o suposto nerviosismo da portavoz socialista e o posible uso de ansiolíticos!!!)

Por último, hoxe o Grupo Socialista rexistrou a seguinte moción para substanciar a Interpelación debatida en Pleno. 

https://drive.google.com/file/d/0B2DEe4WITv2lUmRkRWhGX2xMSFU/view?usp=sharing

Daremos conta da evolución desta e doutras iniciativas parlamentarias e sociais sobre a psicoloxía clínica e a saúde mental

No hay comentarios:

Publicar un comentario