Por el progreso de la psicología


POR EL PROGRESO DE LA PSICOLOGÍA


POR LA ORGANIZACIÓN COLEGIAL DEMOCRÁTICA

EN CUMPLIMIENTO DE NUESTRA OBLIGACIÓN CIUDADANA

¡PORQUE ESTAMOS INDIGNADOS CON EL COP!


DECLARACIÓN POR LA DEMOCRATIZACIÓN DEL COP Y EL DESARROLLO DE LA PSICOLOGÍA



miércoles, 12 de junio de 2013

MANIFIESTO por el derecho a una atención pública y de calidad de la salud sexual y reproductiva

Polo dereito a unha atención pública e de calidade da saúde sexual e reprodutiva
 
Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular. Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos humanos fundamentais en todos os tratados internacionais desde os anos 90. Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento tamén para o goberno galego.

A agresión máis visible a estes dereitos é a modificación prevista do goberno do Partido Popular da Interrupción Voluntaria do Embarazo, usurpando ás mulleres o seu dereito a decidir se desexan ser nais, e en que momento das súas vidas queren facelo.
 
Imaxe1
Pero hoxe queremos chamar a atención doutras agresións á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, que pasan moito máis desapercibidas para a cidadanía como son, por un lado, a eliminación da educación sexual e afectiva das escolas na nova lei do PP, renunciando deste xeito á promoción da afectividade e sexualidade, un dos aspectos máis importantes da vida das persoas; dificultando a prevención dos riscos que poden estar asociados ás condutas  sexuais e afectivas; e deixando de tratar na escola a relación entre afectividade, sexualidade, respecto pola parella, igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero.

Por outra banda, a deterioración progresiva de todos os servizos e prestacións da sanidade pública competentes para a atención da saúde sexual e reprodutiva e para a prevención dos posibles problemas relacionados con ela: embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, problemas sexuais e de parella, agresións sexuais, etc.
 
 Na actualidade os Centros de Planeamento Familiar (COF) son os únicos dispositivos públicos especializados na atención integral á saúde sexual das mulleres. Son os únicos centros con competencias, aínda coa súa  diversidade, no abordaxe integral socio-sanitario-afectivo-sexual, anticoncepción en todos os seus tipos, interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, esterilidade, atención á problemática sexual e da parella e actividades educativas e de promoción da saúde afectivo sexual. E ademais, moi importante, todas estes servizos realizados con acceso directo, nun ámbito privado e confidencial no que a muller decide con información e liberdade. Son os centros de referencia e de formación do persoal de atención primaria e do persoal sanitario en formación.

Os Centros de Saúde son os dispositivos básicos de atención e de acceso en todo o territorio. A rede de atención primaria , (persoal administrativo, de enfermería, mediciña de familia, pediatría, traballo social,...), debería ser competente tanto por recursos, como por capacitación e tempo para prestar unha atención sexual e reprodutiva de calidade a todas as mulleres, incluíndo anticoncepción, atención preconcepcional, embarazo e postparto, orientación da demanda de interrupción legal de embarazo, exame de saúde xinecolóxico periódico, detección e orientación inicial na problemática sexual e da parella, menopausa e realización de actividades comunitarias de educación sexual e afectiva.

Polo dereito a unha atención pública e de calidade da saúde sexual e reprodutiva QUEREMOS DENUNCIAR a perda de prestacións públicas galegas na atención da saúde sexual e reprodutiva das mulleres, definido por:

1. Desmantelamento progresivo da rede de COF: Falta de cobertura das prazas do equipo básico interdisciplinar (persoal administrativo, de enfermería ou especialista en enfermería obstétrica-xinecolóxica, psicoloxía clínica, traballo social e xinecoloxía); centros nos que hai profesionais que comparten actividade noutros dispositivos sanitarios diferentes (outras consultas de xinecoloxía, de saúde mental,…) ou, nalgúns casos, que non se adaptan ao perfil profesional adecuado a este tipo de centros; non cobertura de xubilacións; sobrecarga asistencial. O SERGAS está abandonando esta rede de centros reducindo os seus recursos e prestacións progresivamente. Actualmente as mulleres galegas reciben unha atención desigual xa que os COF actuais non son capaces de cumprir as súas funcións en todos os casos.

2. A consulta ordinaria de xinecoloxía non atende este tipo de demanda salvo o exame de saúde xinecolóxico e en algúns casos anticoncepción.

3. Os Centros de Saúde, salvo excepcións dalgunha área de saúde e algúns profesionais de mediciña e especialistas en enfermería obstétricaxinecolóxica, non prestan atención de saúde sexual e reprodutiva. Atención primaria, en xeral, non está realizando exame de saúde xinecolóxico. Salvo algúns casos nos que se ofrece anticoncepción hormonal ou se realiza prevención de cancro de útero, podemos dicir que atención primaria non cumpre coas súas funcións. É o lugar idóneo para a atención da saúde sexual e reprodutiva pero precisa tempo, capacitación e implicación para poder asegurar este servizo con calidade ás mulleres e en todo o territorio. Non se pode dicir cun mínimo de seriedade que as mulleres van recibir esta atención nos centros de saúde sen programar previamente formación e dotación de recursos.

4. Moitos métodos anticonceptivos hormonais van deixar de ter financiamento público a partir do 1 de agosto, polo que moitas mulleres non poderán mercalos ao encarecerse dun modo importante o seu prezo.

5. A ameaza de que a anticoncepción de urxencia deixe de ser de libre dispensación. Este deterioro da atención a saúde sexual e reprodutiva afecta máis especificamente á saúde das mulleres que, como colectivo, sofren de novo a vulneración dos seus dereitos e da súa liberdade. As políticas actuais reafirman unha única identidade feminina asentada na maternidade, apropiándose de novo do corpo e da sexualidade das mulleres e incrementando as desigualdades existentes entre sexos.

Por todo isto, facemos un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada para o día 16 de xuño en Santiago e rexeite con rotundidade a nova lei reguladora do aborto e da saúde sexual e reprodutiva do PP, e esixa o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.

Os colectivos Plataforma SOS Sanidade Pública, o colectivo de traballador@s dos Centros de Orientación Familiar de Galicia, Colexio Oficial de Psicologia de Galicia,  Asociación de Psicología Clinica do SERGAS e  Plataforma pola Defensa do Dereito ao Aborto.

RECLAMAMOS:
1. A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis da educación, desde infantil ata bacharelato.

2. A permanencia dos COF de carácter público, interdisciplinario e con persoal e medios suficientes, axeitados e accesibles.

3. A implantación e consolidación en atención primaria dun programa da muller, integral e de calidade, co apoio dos Centros de Planeamento Familiar

4. Financiamento público de todos os métodos anticonceptivos.

5. Dereito ao aborto gratuito, realizado na sanidade pública e con respecto á libre decisión da muller.

 

1 comentario:

  1. ¿No se podría realizar una recogida de firmas vía change.org o similar? Me parece un tema demasiado serio como para que lo dejemos en cabreo y difusión.

    ResponderEliminar