O pasado domingo, día 13 de marzo de 2016, limos con atención a entrevista realizada a María Comillas, como directora do curso de psiconcoloxía que organiza a Fundación María José Jove.
Estamos totalmente dacordo coa súa apreciación da necesidade dunha atención psicolóxica especializada na enfermedade oncolóxica, durante os diferentes momentos da evolución da enfermedade, cando ésta ten unha evolución sombría, así como na propia recuperación, dirixida tanto ós doentes como a súa familia, tendo en conta ademáis ó propio equipo profesional, inmerso nunha actividade de especial intensidade emocional.
Os psicólogos clínicos do SERGAS traballamos para ofrecer atención psicolóxica especializada tanto nos dispositivos da rede de saúde mental como nos diferentes servizos médicos hospitalarios (oncoloxía, neuroloxía, coidados paliativos...) a través das unidades de interconsulta e enlace, e concretamente no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, hai psicólogos clínicos, persoal propio do SERGAS, ubicados na Unidade de Interconsulta e Enlace. Eso sí, precísase maior dotación de profesionais da rede pública para atender toda a demanda existente.
Estamos dacordo coa entrevistada en que apenas hai personal especializado en psicooncoloxía nos hospitais, pero non por falta de formación (a psicoloxía clínica é a formación de maior nivel de especialización sanitaria, a través da formación MIR/PIR/FIR...), senón pola carencia histórica de prazas de psicoloxía clínica no SERGAS.
A propia directora de RRHH do SERGAS recoñeceu, en sede parlamentaria, que a ratio de psicólogos clínicos do SERGAS está por debaixo da media nacional (e ésta moi por debaixo da europea). Sen embargo, esta carencia non se suple a través da Oferta Pública de Emprego (OPE) do 2016, pois só se ofertan 3 exigüas prazas para o noso colectivo.
Cada ano terminan novas promocións de psicólogos especialistas en psicoloxía clínica, formados nos nosos hospitais galegos, preparados para dar unha atención integral e integrada dentro de equipos multidisciplinares, e que sin embargo están abocados ó desemprego, precariedade ou emigración. O propio sistema público non aproveita unha formación de calidade e unha inversión magnífica en recursos humanos e coñecemento.
Pola contra, na atención psicolóxica especializada en enfermedade oncolóxica e coidados paliativos, o Goberno está a externalizar tales servizos asistenciais a través de convenios de colaboración con ONGs (becas ou contratos), a custe cero para Administración que delega a obriga de dotar dos profesionais e asistencia necesaria para cubrir a carteira de servizos básicos do propio Sistema Nacional de Saúde:
– Os profesionais non sempre son psicólogos especialistas en psicoloxía clínica (incumprindo a normativa sanitaria)
– Traballan en condicións de precariedade salarial e laboral (contratos e becas suxetas a subvencións temporais; non son persoal fixo da Administración)
– Os pacientes son tratados como cidadáns de segunda (tendo dereito a unha prestación básica que ha de cubrir a Consellería, e sen embargo, suxeita a voluntariedade de ONGs)
O colectivo de psicólogos clínicos do SERGAS creemos fundamental que os servizos de oncoloxía e coidados paliativos se doten dos recursos materiais e humanos necesarios para dar unha atención integral, tal como indican as guías clínicas e o propio Plan Oncolóxico de Galicia, con profesionais da psicoloxía clínica propios do SERGAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario