O Grupo Parlamentario dos Socialistas en Galicia acaba de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias (en forma de Proposición non de Lei, no Pleno e Comisión, preguntas con resposta oral e escrita, e Interpelación perante o Pleno) sobre a situación da saúde mental en galicia, así como a do colectivo de psicólogos clínicos no SERGAS.
Mediante Proposición non de Lei, se insta á Xunta a:
1. Que antes de finalizar este ano 2015, o Goberno presente un plan estratéxico de saúde mental para Galicia coa dotación orzamentaria que precise para o seu desenrolo.
2. Que, de forma inmediata, se faga unha auditoría para valorar a dotación de persoas expertas en Psicoloxía clínica nos centros sanitarios do Sergas e as funcións que están a realizar.
3. Que se xeneralice, a todo o territorio galego, o programa de prevención de suicidios do Complexo Hospitalario de Ourense, con toda inmediatez, seguindo as recomendacións da OMS.

Por outra banda, as preguntas que realizan tanto ó Pleno como na Comisión de Sanidade son as seguintes:
1. Considera o Goberno da Xunta de Galicia que se está xestionando adecuadamente a saúde mental en Galicia?
2. Tense previsto desenrolar un Plan Estratéxico en Saúde mental, en consonancia coa Estratexia Nacional do Ministerio de Sanidade?
3. Proxecto chamado Mastermind, se esta desenrolando tal e como estaba previsto? Considera o Goberno que pode ser útil para o tratamento da depresión? Por que? Coñece a consellería a opinión das persoas profesionais do Sergas ó respecto? Que lle parece esa opinión e en que a tiveron en conta?
4. Que medidas se están adoptando actualmente para evitar os suicidios no noso medio? As mesmas en todo o territorio Sergas? Cal foi a razón para non seguir estendendo o modelo de Ourense ao resto de Galicia?
5. Como se está comportando a taxa de suicidios nestes últimos anos en Galicia?
6. Considera adecuada a consellería a dotación de persoas profesionais de psicoloxía clínica na rede Sergas, tanto na atención especializada, como nos centros de Atención Primaria?
7. Considera adecuada a consellería a dotación de persoas profesionais de psicoloxía na rede Sergas? E tanto nos hospitais, como nos centros de Atención Primaria?
8. Cal é a labor dos psicólogos/as clínicos/as nos dispositivos asistenciais de saúde mental?A mesma en todas as areas?

Queremos agradecer ó Grupo Parlamentario dos Socialistas que tivesen acollido as nosas preocupacións, reflexións e peticións sobre o que entendemos ten que mellorar na atención á Saúde Mental e a atención psicolóxica para facer frente a unha demanda crecente, máxime nun contexto socioecónomico particularmente duro, desde concepcións de Atención Pública, universal e equitativa.
Aquí están os enlaces ás iniciativas:
https://drive.google.com/folderview?id=0B2DEe4WITv2lfkRKTWhKQTdvMURKT1U2YzhDNlQxVjF6c3BWa2xjeDJSeTQzZGtmLTdUVFk&usp=sharing

Ya era raro que en Galicia estuvierais tan callados.
ResponderEliminarÁnimo y gracias.