
Dentro das propostas para sanidade, e específicamente no ámbito da saúde mental e a psicoloxía clínica en Galicia, En Marea cree necesario, e propón:
126 A Saúde Mental, un servizo público para toda a poboación.
Galicia debe superar o modelo sanitario do PP, que esqueceu as políticas de Saúde Mental.
Traballaremos coas e cos profesionais sanitarios nun novo Plan Galego de Saúde Mental que garanta o servizo universal, e ata a súa aprobación poremos en marcha as medidas urxentes precisas.
Priorizaremos a integración no Sergas da atención e prevención das drogodependencias e condutas aditivas; a atención ao Trastorno Mental Grave e á saúde mental infanto-xuvenil, creando unha nova unidade de hospitalización no sur de Galicia.
Aumentaremos a dotación de persoal das unidades de saúde mental e dos hospitais de día, especialmente psicólogas e psicólogos clínicos.
Estudaremos a situación das persoas trasladadas desde os antigos manicomios a residencias de persoas dependentes, coordinaremos os departamentos de saúde mental cos servizos de Atención Primaria, e definiremos un Plan Galego de Prevención e Atención ao Suicidio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario