O PSdG-Psoe desenrola un programa electoral con propostas concretas sobre a atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde, dentro dun apartado propio
20. Desenvolveremos o Programa de
Trastorno Mental Severo e os Equipos de Continuidade de
Coidados, coa intención de dotar un equipo por área sanitaria.
21. Aumentaremos os tempos de consulta
en saúde mental, así como as consultas de
psicoloxía.
22. Melloraremos a atención á saúde
mental infanto-xuvenil, creando unha segunda unidade
de hospitalización de referencia, na Área de Saúde de Vigo, para ospacientes da
rexión sanitaria sur de Galicia, e poñendo en marcha, de maneira progresiva,
un Hospital de Día en cada Área de Saúde, empezando polas de maiornúmero de
habitantes.
23. Aprobaremos unha nova lei Integral
en materia de drogodependencias e outras condutas
adictivas.
24. Resolveremos o proceso de
normalización da asistencia sanitaria ás persoas drogodependentes,
integrándoa progresivamente no Servizo Galego da Saúde coma calquera outro
problema de saúde.
25. Transformaremos as actuais Unidades
de Atención á Drogodependencia e asUnidades de
Tratamento do Alcoholismo en Unidades de Condutas Adictivas, que ofrecerán
programas diferenciais para as diferentes adiccións.
26. Crearemos como referencia para toda
a Comunidade Autónoma dúas comunidades
terapéuticas para pacientes alcohólicos e unha comunidade terapéutica específica
para patoloxía dual grave.
ATENCIÓN
PSICOLÓXICA NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Galicia
sofre desde hai anos a situación deficitaria da atención á saúde mental en
Galicia, e particularmente sobre as situacións irregulares e insuficiencias na
prestación da atención psicolóxica no Servizo Galego de Saúde. É por iso que os
socialistas debemos impulsar medidas para mellorar a atención psicolóxica e da
saúde mental para dar cobertura a esta necesidade social.
Propostas
concretas
1. Posta en marcha dun Plan Estratéxico
en Saúde Mental , que volva a un modelo de saúde mental comunitario, integrador
e interdisciplinar desde a visión biopsicosocial da saúde e enfermidade.
2. Posta en marcha do Plan Galego de
Prevención do Suicidio, coordinado pero independente do anterior,
multisectorial e multinivel, dado o aumento do número de mortes por suicidio en
Galicia nos últimos anos.
3. Incorporación normalizada de
profesionais da psicoloxía clínica tanto nos equipos de atención primaria
(centros de saúde) como nos servizos médicos hospitalarios (oncoloxía,
neuroloxía, coidados paliativos, atención temperá etc.) para garantir a
accesibilidade real aos tratamentos psicolóxicos en todos os niveis de atención
da saúde.
4. Completar a incorporación de
profesionais da psicoloxía clínica nos dispositivos específicos de saúde
mental, xa que existen hospitais de día psiquiátricos, equipos de continuidade
de coidados, unidades de psicoxeriatría... que aínda non teñen equipos
multidisciplinares completos.
5. Reverter a privatización da atención
psicolóxica e de saúde mental que se estivo a producir nos últimos anos, a
través de convenios de colaboración e mesmo bolsas, que son formas de
externalización encuberta, prestando asistencia directa nos propios centros do
SERGAS (en oncoloxía, a vítimas de accidentes de tráfico, en neuroloxía...)
incumprindo toda normativa sanitaria e laboral.
6. Política de recursos humanos do
SERGAS:
A. Aumento de prazas de profesionais da
psicoloxía clínica para garantir unha atención pública de calidade (a ratio
actual está moi por debaixo da media española, 3,34 fronte a 4,3 por 100.000, e
infinitamente por debaixo da media europea, de 18 por 100.000 hab.).
B. Procesos selectivos regulares para a
categoría de psicoloxía clínica (a última OPE na que saíron prazas foi en
2008).
C. Estabilización laboral nos contratos
temporais, agora cubertos a través de fórmulas como cobertura de servizos
determinados ou acumulación de tarefas, en prazas que deberían cubrirse como
interinidades.
7. Creación de servizos de psicoloxía
clínica, como forma de organización estrutural e funcional, que permita unha
mellor coordinación e eficiencia no traballo interdisciplinar coas distintas
especialidades médicas e de enfermería, unha planificación máis axeitada das
necesidades asistenciais e recursos dispoñibles, e a potenciación da formación,
investigación e innovación específicas da nosa profesión.