lunes, 12 de septiembre de 2016

PROPOSTAS ELECTORAIS EN SAÚDE MENTAL E PSICOLOXÍA CLÍNICA PARA O 25S. Partido Popular de Galicia

http://engaliciasi.gal/wp-content/uploads/2016/09/logofeijooCLAIMBLANCO.png


Éstas son as propostas do PPdG para saúde mental en Galicia que se recolle no seu programa electoral (os subliñados son os que aparecen no programa publicado): 



- Plan Estratéxico de Saúde Mental: Se trata dun problema cunha amplísima repercusión, tanto nas persoas que o sofren como nos seus familiares e contorno (o 21,6% dos galegos teñen experimentado algunha vez na súa vida algún trastorno mental, e o 7,4% durante o último ano). A mellora da atención ás persoas con problemas de saúde mental inclúe múltiples aspectos, entre os que cabe destacar o labor contra a estigmatización das persoas que os padecen, que sempre temos presente, así como a coordinación socio-sanitaria

 - Desenvolveremos un Plan asistencial específico para a demencia.

- Desenvolveremos a rede asistencial de atención aos problemas de saúde mental infantoxuvenís, especialmente no que se refire a programas de identificación precoz de situacións de risco (como o acoso escolar, violencia doméstica, trastornos alimentarios..) e a atención ambulatoria e hospitalización parcial, con equipos multidisciplinares e en colaboración cos axentes sociais e educativos, para dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos rapaces. Melloraremos a atención dos trastornos do desenvolvemento.
 
·  Coa finalidade de potenciar e mellorar a atención á saúde mental en nenos e adolescentes, como acción concreta, poñeremos en marcha a segunda Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil de Galicia no Hospital Público Álvaro Cunqueiro, que prestará servizo ao sur de Galicia (áreas de Vigo e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras). Permitirá o tratamento intensivo nun medio hospitalario daquelas patoloxías mentais de nenos e adolescentes que non poidan ser tratadas noutros dispositivos terapéuticos.

Facilitaremos a accesibilidade aos tratamentos especializados dos nosos maiores, a través dos programas asistenciais de psicoxeriatría, que permitan a atención no entorno residencial do paciente.

Potenciaremos a atención ao trastorno mental severo, mediante o incremento de prazas en dispositivos de rehabilitación psicosocial e a potenciación de tratamentos centrados en mellorar a autonomía destes pacientes, co apoio de equipos de continuidade de coidados comunitaria

Potenciaremos a atención ás persoas con depresión e conduta suicida

-  Impulsaremos Programas de intervención psicolóxica en circunstancias sociais específicas (persoas sen fogar, refuxiados, violencia de xénero).

Protocolizaremos a atención en catástrofes

No hay comentarios:

Publicar un comentario