jueves, 17 de mayo de 2012

17 DE MAIO. DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é día festivo en Galicia. Son 50 anos homenaxeando a autores/as galegos/as que puxeron en valor a lingua e cultura galega. 


Ahí vai unha selección, absolutamente subxectiva e pequena mostra da actividade cultural deste país. Para disfrutar: 

Música: "lóstregos" de Xose Manuel Budiño. Cunha colaboración especial
http://www.youtube.com/watch?v=0E7FWcI8LnI&feature=related

Novela: Morning star de Xose Miranda. Para os nostálxicos do Almirante Benbow


ou Anxo Fariña e os seus megatoxos, para os máis cativos



por certo, unha xeneración enteira todavía somos socios/as do xabarín club
http://www.bing.com/videos/search?q=xabarin+club+you+tube&view=detail&mid=676729C422D2692FB737676729C422D2692FB737&first=41

Poema: tantos... quedámonos con Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.



3 comentarios:

  1. moi boa música a do xabarín clube: yellow pixoliñas, berrogüeto, antón reixa, Costas, aerolíneas federales, os diplomáticas, herdeiros da crus, deus que te kreu....

    ResponderEliminar
  2. moi bo Budiño, sobre todo ese disco paralaia

    ResponderEliminar