viernes, 26 de febrero de 2016

MANIFESTACIÓN DIANTE DO EDIFICIO DO SERGAS O PRÓXIMO 10 DE MARZO. POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE






A Mesa Galega da Psicoloxía Clínica decide sumarse á convocatoria de manifestación que todos os sindicatos promoven para o próximo xoves 10 de marzo en Santiago de Compostela.


Co lema central "Por unha OPE digna para un emprego digno. Por unha sanidade pública de calidade", entendemos que o colectivo de psicólogos clínicos ten que sumarse a esta manifestación, e visibilizar a nosa presencia con rotundidade


As nosas razóns, as que resumen o noso enfado:


1. Despois de 8 anos sen convocatoria de OPE para psicólogos clínicos, o SERGAS pretende satisfacer as necesidades de atención psicolóxica da poboación galega coa mísera  incorporación de 3 psicólogos clínicos como persoal fixo.

Segundo datos que a propia Directora de RRHH recoñeceu en sede parlamentaria, se necesitarían 26 prazas inmediatas só para acadar á media española (sendo ésta xa moi inferior ó resto de países da nosa contorna)

2. Os contratos que se están a realizar nos últimos anos son en precario: ou ben acúmulo de tarefas (aínda que sexan para cubirir unha sustitución nominal), ou cobertura de servizos determinados, cando son prazas estructurais de facto. A situación da USM Lalín-Barbanza é o exemplo máis sonroxante desta precariedade: levan alomenos 5 anos cubrindo a asistencia de dúas USM cun mesmo profesional que vai cambiando cada 6 meses.

3. Persoal fixo ou temporal está prestando asistencia en varios dispositivos que cada un deles necesitarían a presencia a tempo completo para realizar unha asistencia necesaria (prevención suicidio, atención temperá, trastorno mental grave). Hai dispositivos sen psicólogos clínicos (hospitais de día psiquiátricos, programas de psicoxeriatría) e as interconsultas e enlace dos hospitais están a cargo dun sólo psicólogo clínico.

4.  Ó mesmo tempo que o goberno non cubre con dotación necesaria os distintos servizos (debe pensar que non son necesarios) proliferan todo tipo de acordos de colaboración con ONG para prestar atención psicolóxica a custe cero para a Administración, dentro dos propios hospitais, a través de contratos ou becas: pasa en coidados paliativos, oncoloxía, neuroloxía, agora tamén a vítimas de tráfico. Son externalizacións encubertas.

5. Na planificación de necesidades de dotación en saúde mental, impera o estilo lobístico, cun reparto desigual entre colectivos profesionais, que non ten que ver cunha análise de necesidades, de recursos, de plantexamento asistencial e de evidencia científica. Impera a endogamia profesional fronte a interdisciplinariedade, o bioloxicismo radical e sobremedicalización fronte a integración e humanización.

Por todo esto:


- Se sofres no día a día dos efectos desta pésima política de xestión sanitaria: número inasumible de pacientes,  listas de espera de meses para atender primeiras consultas e revisións, consultas breves e mensuais, recortes en asistencia que antes realizabas...

- Se aprendiches a profesión desde unha visión comunitaria e interdisciplinar e estás vendo cómo se desmorona o pouco conseguido. Se recoñeces certa indefensión ante este modelo xestor ...


- Se eres persoal temporal, con contratos precarios nos que tes que firmar mes a mes,  contratos para prazas que están desertas, escoitando as queixas dos usuarios ante cambios constantes de profesionais


- Se eres supervisor de PIRes,  que sacas tempo entre consultas saturadas, para transmitirlles como mellor sabes o teu coñecemento, que te interesas pola súa formación técnica e ética,  e te alporiza saber que van a ir directamente ó paro ou a emigración, ou a precariedade e con toda probabilidade ó desánimo e impotencia...


- Se eres PIR, e futuro PRECARIO


.... se estás, estiveches ou estarás nalgunha de estas circunstancias...



MOBILÍZATE. SE NON O FACEMOS NÓS, NINGÚEN O FARÁ POR NÓS !!!



2 comentarios: